Actividades da fin de semana en Carral
AS MELLORES OBRAS DO CERTAME ISAAC DÍAZ PARDO EXPÓÑENSE NO TOÑITO ESPIÑEIRA
A Deputación Provincial da Coruña, en colaboración coa Concellería de Cultura do Concello de Carral, presenta na sala multiusos do Edificio Social Toñito Espiñeira unha selección das mellores obras que se presentaron ao XIII Certame de artes plásticas Isaac Díaz Pardo, que convocou o ente provincial.
A mostra ofrece obras de diferentes técnicas, entre as que salientan as de pintura, fotografía ou talla.
Entre os artistas expostos se atopan Darío Basso, Jorge Barbí, Miguel Cuba Taboada ou Xurxo Lobato, entre outros.
A exposición estará aberta ao público ata o 11 de xullo.
A CASA DA CULTURA ACOLLERÁ UN NOVO CICLO DE CINE
A Concellería de Cultura do Concello de Carral ofrecerá un novo ciclo de cine con películas de diversos xéneros e nacionalidades.
O programa deste ciclo é o seguinte:
– FROZEN. EL REINO DEL HIELO – xoves 3 de xullo, 20:00 h. Apta para todos os públicos.
– LA VIDA SECRETA DE WALTER MITTY – venres 4 de xullo – 20:30 h. N.R.M. de 7 anos.
– VIVIR ES FÁCIL CON LOS OJOS CERRADOS – xoves 10 de xullo – 20:30 h. Apta para todos os públicos.
– CAPITÁN PHILLIPS – venres 11 de xullo – 20:30 h. N.R.M. de 12 anos.
Todas as películas ofreceranse na sala de audiovisuais da Casa da Cultura de Carral.
As entradas son de balde, e poden recollerse na Casa da Cultura desde 48 horas antes do inicio de cada película. A reserva das localidades terán vixencia ata 5 minutos despois de iniciada cada proxección.
O OBRADOIRO “APRENDE A ESCRIBIR UN CONTO” CAMBIA DE HORARIO
A Biblioteca municipal comunica que o obradoiro Aprende escribir un conto, que impartirá Manuel Guisande, cambia o seu horario para os mesmos días de 12:30 a 13:30 h.
Aínda existen prazas dispoñibles. A actividade, que é de balde, está dirixida a rapaces e rapazas de 10 a 12 anos de idade. Levarase a cabo na biblioteca da Casa da Cultura os días 1 e 3 de xullo.











