Actividades culturais para a fin de semana en Allariz
O Concello de Allariz acollerá dúas actividades diferenciadas para cubrir as opcións culturais e de lecer do municipio na fin de semana. Por un lado atópase a exposición de pinturas de Eladio Rodríguez Pombo que poderá visitarse na Sala de Exposicións “A Fábrica” de Allariz, do 7 ao 22 de xuño. Mentres o venres 6 de xuño, ás 20.30 h., o Salón de Actos da Casa da Cultura acollerá o concerto de fin de curso da Escola de Música Tradicional.











