Acordo do pleno extraordinario en favor de Enxeñería Física para o Campus de Ourense

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

A Corporación Provincial de Ourense celebrou hoxe sesión plenaria extraordinaria tendo como único punto da orde do día o pronunciamento sobre a implantación do grao de Enxeñería Física no Campus de Ourense no curso 2014-2015, acadándose por unanimidade o seguinte acordo:

1. Rexeitar o acordo do Consello Galego de Universidades que aprazou a implantación do grao da Enxeñería de Física no Campus de Ourense no curso académico 2014-2015.

2. Instar a convocatoria do Consello Galego de Universidades, con carácter urxente, para que os estudos do Grao en Enxeñería Física para Ourense comecen en setembro de 2014 no noso Campus.

11 de xuño de 2014 | 16:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.