Acordo definitivo entre o RC Deportivo e a UD As Palmas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaDeportes
A-
A+
O Real Club Deportivo e a Unión Deportiva As Palmas chegaron a un acordo definitivo que pon fin a un longo conflito que ten a súa orixe no traspaso do central arxentino Gabi Schürrer.

A solución, alcanzada coa intervención da liga de Fútbol Profesional, garante a percepción da totalidade do reclamado, aprazado en parte e con garantías de cobro, e supón unha solución satisfactoria para os intereses do Deportivo, mantendo a liña de sacar ao Club dos xulgados sen renunciar á plena defensa dos seus lexítimos dereitos.

25 de xuño de 2014 | 20:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.