Aberto o prazo de matrícula para estudos no Conservatorio Municipal de Monforte
O prazo de matrícula no Conservatorio Municipal “Mestre Ibáñez” está aberto ata o día 30 de xuño.
As especialidades que se ofertan para o vindeiro curso 2014/2015, son as seguintes: piano, guitarra, trompa, violín, clarinete, trompeta, saxofón, percusión-batería, tuba, trombón e iniciación.
A materia de Iniciación vai dirixida a nenos/as de entre 4 e 7 anos que queiran ter un primeiro contacto coa música, a modo de cursos preparatorios para o grao elemental do Conservatorio.
Ademais, dependendo do curso, o alumnado terá, segundo especialidade e currículo, unha formación complementaria coas seguintes materias: linguaxe musical, educación vocal e auditiva, harmonía, piano complementario, orquestra / coro, música de cámara, historia da música, análise, informática musical e interpretación.
O centro dispón de aula multimedia para impartir as novas tecnoloxías aplicadas á música. Hoxe en día as novas tecnoloxías están moi ligadas a tódalas especialidades instrumentais, así como disciplinas complementarias e itinerarios de grao profesional.
Información e matrícula na secretaría do centro, no Edificio Multiusos, en horario de mañá de 10:00 a 13:00 h. e de tarde, de 17:00 a 19:00 h.











