A xunta de goberno de Ferrol aproba a licitación das obras do aglomerado do camiño da Pega

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

O Goberno Municipal de Ferrol avanzou esta mañá en dúas intervencións demandadas polos veciños/as e comprometidas polo alcalde Jose Manuel Rey Varela. Así, a Xunta de Goberno Local aprobou hoxe a licitación dos traballos de mellora e mantemento do cemiterio municipal de Catabois; e do aglomerado da estrada da Pega, situada no contorno de dito barrio. Estas dúas actuacións suporán un investimento total de 246.071,56 euros, que se financiarán con cargo ao Plan Provincial de Cooperación da Deputación da Coruña correspondente ao vindeiro exercicio (POS 2014).

Así as cousas, a Administración ferrolá destinará 68.426,09 euros ao aglomerado da estrada da Pega. O prazo de execución da mellora do firme é dun mes, a contar a partir da firma do contrato de adxudicación e da acta de reformulo das obras;;e contará co financiamento íntegro das obras con cargo dos fondos provinciais.

En canto aos traballos no cemiterio municipal de Catabois, se investirán un total de 177.645,47 euros para a mellora e mantemento do camposanto. Así, a maior parte desta contía económica financiarase con fondos municipais -139.839,68 euros-, mentres que o resto os aportará a Deputación da Coruña -37.805,79 euros-. Os traballos afectarán fundamentalmente á capela, en que se realizarán tarefas de restauración e de pintado; ás arcadas e aos pasillos do cemiterio.

23 de xuño de 2014 | 19:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.