A XLII Festa do Viño Tinto arranca en Ribadumia co grupo Folck Treixadura
Doce postos de degustación de viño e a actuación de Treixadura darán mañá, venres, o pistoletazo de saída á XLII Festa do Viño Tinto do Salnés, que se celebra durante toda a fin de semana en Barrantes, Ribadumia. A inauguración e apertura dos stands, será as 13:00h. A festa continuará as 22:00 coas Orquestra Palladium, as 23:30 Treixadura e as 01:00h a orquestras Cinema
Aproximadamente cen colleiteiros de viño tinto tipo Barrantes e de variedades autóctonos presentáronse este ano a concurso. As catas finais serán o sábado, ás 13:00 horas na Carballeira de Barrantes. Nese momento investiranse aos novos valedores da honorable orde do Viño Tinto do Salnés de 2014: A Agrupación Músico Cultural de Ribadumia, a Restauradora Dolores Millán García, Remedios Álvarez Casaldarnos, presidenta da Asociación de Veciños de Barrantes, Antonio Blanco Iglesias, xornalista, Alberto Chaves Domínguez, colleiteiro e o restaurador Pepe Solla.
O pregoeiro este anos será Carlos Blanco. Tamén na Carballeira de Barrantes haberá unha degustación gratuíta de viño tinto de Barrantes, chourizos e pan de millo. A comida de confraternidade, na que participarán preto de 700 persoas, será ás 14:00 horas. Alí se darán a coñecer aos colleiteiros gañadores da XLII Festa do Viño Tinto do Salnés.
Pola tarde será a quenda dos nenos, coa Festa Infantil na Praza do Concello ás 19.00 horas. As orquestras Charleston e Jerusalén serán as encargadas de amenizar pola noite a festa. O domingo terá lugar o Festival de Bandas coa actuación da Agrupación Músico Cultural de Ribadumia e da Banda de Catoira e a Banda de Ribadumia. Pola noite, será a quenda do xa tradicional espectáculo de Panorama.











