A XIII Edición da Festa da Prehistoria de Mos cambia de datas
Este sábado 21 de xuño celebrarase a 13ª edición da Festa da Prehistoria que ata o de agora viña celebrandose en agosto.
PROGRAMACIÓN
– Ás 10:00h. A MAÑÁN DOS RECOLECTORES. Roteiro de recoñecemento de prantas e froitos silvestres comestibles e recolleita de herbas de San Xoan. Dirixido polo microbiólogo especialista en permacultura César Lema.
– Ás 11:30h. OBRADOIRO DE PINTURA CORPORAL E PINTURAS RUPESTRES. Cada participante terá a oportunidade de decorar o seu corpo con pinturas naturais e plasmar a súa mensaxe para ás xeracións vindeiras nun panel , coas técnicas utilizadas na Prehistoria.
– Durante toda a mañán realizaranse demostracións e obradoiros de TIRO CON PROPULSOR, FABRICACIÓN DE FERRAMENTAS LÍTICAS.
– Ás 13:30h. GASTRONOMÍA CAVERNÍCOLA.
16:00h. Obradoiro de TÉCNICAS PARA FACER LUME.
-Ás 16:30h. ENFRONTAMENTO ENTRE AS TRIBOS PARTICIPANTES NA LAPIÑEIRA DA FRAGA. Os grupos participantes, organizados en distintas tribos, pelexará polo territorio ata que o chamán decide parar e seguir cunha serie de probas máis “deportivas”.
– Xogos e competicións. CARREIRA DE RELEVOS “NA PROCURA DO LUME”. Distintas probas individuais e colectivas, para nenos e adultos.
– Ás 19:30h. Actuación da compañía de títeres TANXARINA co seu espectáculo TROGLODITAS. Espectáculo para todos os públicos.
– Ás 20: 30h. Obradoiro de TÉCNICAS PARA FACER LUME.
– Ás 12: 00h. Invocación aos espíritos soterrados na Mámoa da Penacova.
– Actuacións musicais dos grupos 4 LEAF COVERS, FUKC PARADISE e MILLO.
Nota: Todas estas actividades levaranse a cabo no poboado Neolítico da Penacova. Para máis información: festadaprehistoria@gmail.com
O observatorio de astronomía impartido pola Fundación Ceo, Ciencia e Cultura previsto para o día anterior foi cancelado debido á previsión de ceos cubertos. Os organizadores decidiron aprazar esta actividade vindeiro sábado día 28.
Como actividade paralela, o domingo 29 de xuño a A. C. Festa da Prehistoria organiza un ROTEIRO ÓS GRAVADOS RUPESTRES DE LOUREDO, na compaña do arqueólogo Alberte Reboreda e coa colaboración da Comunidade de Montes de Louredo e a A.C. A Cividade de Louredo.
A saída terá lugar ás 10 da mañán, dende o Centro Cultural de Louredo. Ao longo do percorrido de 7 km. visitaranse o petróglifo de San Antoíño, a mámoa do Salgueirón, o petróglifo do Salgueirón, o Penedo da Alarma, e a Laxe das Cruces.











