Á venda as entradas do espectáculo ‘La Llamada’ e dos concertos de Jorge González e David Parejo
A concelleira de Cultura mosense, Sara Cebreiro, visto o éxito de vendas tras o segundo día transcorrido dende que se abriu o prazo para poder adquirilas, lembrou hoxe, co ánimo de que ningún veciño de Mos se quede sen a súa localidade, que xa están á venda as entradas dos dous únicos espectáculos non gratuítos incluídos na programación da Festa da Rosa 2014. Trátase do musical ‘La Llamada’ e dos concertos do programa televisivo ‘La Voz’ a cargo de David Parejo (‘La Voz Kids’) e Jorge González (‘La Voz’).
O venres 13 de xuño o teatro musical ‘La Llamada’ contará con protagonistas de excepción tales coma Macarena García, Gracia Olayo, Anna Castillo, Belén Cuesta, e Richard Collins Moore, entre outros actores e actrices de renome que actuarán no Multiusos das Pozas ás 21.00 horas.
O prezo das entradas é 10 euros, e estas poden mercarse anticipadamente no Concello ata o día 12 de xuño ou o propio día 13 a partir das 20.00 horas na taquilla do Multiusos.
O sábado 14 de xuño será o turno dos concertos de sendos artistas do programa de televisión ‘La Voz’. Jorge González e David Parejo actuarán tamén no Multiusos das Pozas a partir das 22.00 horas con entradas a 6 euros para os adultos a partir de 14 anos e a 3 euros para os nenos e nenas menores de 14 anos de idade. Os interesados poden adquirir xa a súa entrada anticipadamente no Concello ata o día 12 de xuño, ou o día 14 na taquilla do Multiusos a partir das 21.00 horas.
‘La Llamada’
Cómpre destacar a obra musical que se interpretará ás 21.00 horas do venres 13 de xuño no Multiusos, ‘La Llamada’, que está protagonizada pola actriz Macarena García xunto con Gracia Olayo, Anna Castillo, Belén Cuesta, Richard Collins Moore e varios outros actores e actrices de renome.
Macarena García, é coñecida polos seus papeis en series televisivas tales coma Hospital Central, ‘El Internado’ ou ‘Amar en Tiempos Revueltos’ e actualmente traballa na teleserie emitida na cadea Telecinco, ‘Byb’, na que interpreta o papel de filla da tamén actriz Belén Rueda. Ten no seu haber xa, pese a súa xuventude, un Goia e unha Cuncha de Prata.
Pola súa banda son moi salientables tamén os concertos, -o sábado 14 de xuño ás 22.00 horas novamente no Multiusos-, de ‘La Voz’ e ‘La Voz Kids’, con Jorge González e David Parejo, respectivamente.











