A V Marcha Solidaria contra a Leucemia unirá Vigo e Pontevedra o 8 de xuño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLocal PortadaPontevedraVigo
A-
A+

Máis dun centenar de persoas participarán o domingo, 8 de xuño, na V Marcha Solidaria contra a Leucemia, que unirá as cidades de Vigo e Pontevedra coa finalidade de sensibilizar á cidadanía sobre a importancia de colaborar na loita contra esta enfermidade.

A pasada edición reuniu a un total de 110 persoas que percorreron os 32 quilómetros que separan Vigo e Pontevedra, camiñando nuns casos e correndo noutros. Grazas á solidariedade dos participantes e cidadanía en xeral logrouse recadar un total de 2.125 euros, que se doaron integramente á Fundación Josep Carreiras, entidade considerada como un referente mundial da loita contra esta enfermidade.

A marcha está organizada por David Gil e o Club Metropolitan de Vigo co obxectivo solidario de contribuír a que os enfermos de leucemia poidan atopar unha medula ósea compatible e así poder deixar atrás unha cruel enfermidade.

David Gil, quen perdeu ao seu irmán Fran vítima dunha leucemia linfoblástica aguda, tras loitar durante catro anos coa enfermidade, protagonizou en 2009 a xesta de percorrer 500 quilómetros por toda Galicia para entregar en sete hospitais nos que se recollen os rexistros de medula ósea, un total de 700 camisetas (100 para cada centro), para os doantes de medula ósea a partir dese momento. Así xurdiu “700 Camisetas contra a leucemia”, un movemento en Facebook (que a día de hoxe xa ten preto de 15.000 seguidores) e que pretende ser unha canle para informar á sociedade sobre a necesidade de que aparezan máis rexistros e deste xeito poder “salvar vidas en vida”.

6 de xuño de 2014 | 18:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.