A Unión de Consumidores de Galicia imparte en Gondomar unha sesión sobre aforro na factura de electricidade
Ao longo do mes de xuño, a Unión de Consumidores de Galicia – UCGAL, en colaboración coa Deputación de Pontevedra e distintos concellos da provincia pon en marcha un programa de información cuxo obxectivo é proporcionar aos usuarios a información precisa para obteren o maior aforro posible na factura da electricidade.
Abordaranse cuestións relacionadas coas modalidades de contratación no mercado regulado e libre, as distintas tarifas, a potencia contratada e o equipamento do fogar.
Ademais incidirase nos cambios normativos que afectan aos sistema de facturación e familiarizarase aos asistentes co novo modelo de factura que será obrigatorio no mercado regulado a partires do 1 de outubro.











