A unidade móbil da itv para turismos visita Palas de Rei

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPalas de Rei
A-
A+

Recentemente, a Comarca da Ulloa, integrada polos Concellos de Palas de Rei, Antas de Ulla e Monterroso, conqueriu a posibilidade de disponer dun servizo de Inspección Técnica de Vehículos (ITV) habilitado para inspeccionar técnicamente turismos. En virtude delo, a partires de agora e de maneira regular, aproximadamente cada cinco ou seis meses, situarase no Mercado Gandeiro de Palas de Rei unha Unidade Móbil de Inspección Técnica de Vehículos habilitada para inspeccionar técnicamente a turismos.

Dita Unidade mobil de Inspección técnica de Turismos (ITV) desprazarase a Palas de Rei, para realizar as inspeccións técnicas períodicas os vindeiros días 14 e 15 de xullo, no lugar do Mercado Gandeiro de Palas de Rei. As inspeccións realizaranse en horario de 9:00h. a 13:30h. e de 15:15h. a 18:00h excepto o día 15 de xullo que terá lugar en horario de 9:00h a 13:30h.

4 de xuño de 2014 | 18:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.