A UAD monfortina publica un novo número do boletín familiar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMonforte de Lemos
A-
A+

O Boletín Familiar é unha iniciativa do equipo de prevención da Unidade Asistencial de Drogodependencias, adscrita á concellería de Sanidade que dirixe Antonino Luaces. O novo número desta publicación leva por título “Dicindo “NON” tamén educamos”.

O obxectivo deste boletín é que os pais, nais e titores, non esquezan que impoñer uns límites claros e coherentes, aínda que sexa complicado e ingrato, tamén é máis que necesario. Por iso moitas veces temos que dicir “NON”.

Se teñen interese en consultar o boletín completo poden facelo a través da páxina do concello de Monforte (área de sanidade, apartado folletos informativos), ou solicitalo na UAD, persoalmente ou a través do Telf. 982 400 495.

O boletín foi deseñado para fortalecer o papel preventivo da familia no consumo de drogas, desde o convencemento de que previr na familia é algo natural á mesma, é dicir, algo posible de realizar día a día, de forma sinxela e constante desde unha idade moi temperá.

9 de xuño de 2014 | 10:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.