A tudense Susana Fontán proclámase Campiona de España de Tiro das Forzas Armadas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaLocal PortadaTui
A-
A+
Susana Fontán

Susana Fontán

A tudense Susana Fontán proclamouse, a pasada fin de semana, Campiona de España de Tiro das Forzas Armadas, por quinta vez na súa carreira deportiva.

O campionato celebrouse no centro especializado de alto rendemento “Juan Carlos I”, pertencente á Real Federación Española de Tiro, situado nas Gabias (Granada), onde a cabo do Exército de Terra Susana Fontán Verde, na categoría feminina, resultou gañadora na modalidade de arma larga.

O Concello de Tui felicita á tudense Susana Fontán Verde pola consecución deste quinto campionato de España de tiro.

11 de xuño de 2014 | 19:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.