publicidade hoxe

A tenda de moda ‘El vestidor de Chloé’ é elixido como o establecemento favorito de Máis que comercio! en Lalín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalín
A-
A+
Entrega de diploma á responsable de 'El vestidor de Chloé'

Entrega de diploma á responsable de ‘El vestidor de Chloé’

Os participantes na iniciativa da Consellería de Economía e Industria Centros Comerciais Abertos. Máis que comercio!, que se desenvolveu durante todo o mes de maio nos establecementos asociados ao CCA de Lalín, elixiron como o seu comercio favorito a tenda de moda El Vestidor de Chloé.

Este negocio, posto en marcha en 2010 e que vende roupa, complementos e calzado para muller, foi o que máis clicks recibiu en www.maisquecomercio.com, web na que os clientes podían participar nun xogo en liña por cada 5€ de compra e optar a diferentes premios ao tempo que elixían o seu comercio preferido.

A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, foi a encargada de entregar esta mañá o diploma ao establecemento máis votado nun acto no que tamén se entregaron os agasallos aos clientes gañadores. Vázquez Abeal salientou que, ademais de resaltar o traballo dos centros comerciais abertos, Máis que comercio!, que percorrerá Galicia durante todo o ano, ten por obxectivo resaltar os valores do comercio de proximidade, como son a calidade, o trato ao cliente ou a variedade.

Destacou así mesmo que a participación nesta campaña no centro comercial aberto de Lalín foi a máis elevada dos cinco CCAs nos que se desenvolveu Máis que Comercio! no mes de maio, chegando a rexistrase un total de máis de 9.600 participacións.

11 de xuño de 2014 | 12:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.