A Selección Galega de Vela Infantil comeza o campionato de España en Cádiz
A Selección Galega de Vela Infantil xa se atopa en Porto Sherry para participar no Campionato de España da Clase Optimist, Laser 4.7 e Techno 293.
Hoxe 24 de Xuño comezan as probas para todas as clases ás 13:00 horas, terminará o sábado 28 de Xuño disputándose o Campionato de España de Optimist por Equipos o xoves 26.
A expedición galega formada por 18 regatistas e 3 adestradores partiu do CGV de Vilagarcía de Arousa o pasado sábado 21 chegando a terras gaditanas o mesmo día pola tarde noite. Tras dous días de adestramentos e medicións oficiais do material todos os mozos deportistas están moi ilusionados coa participación e disputa do título nacional.
A Selección Galega de Vela Infantil está formada polos seguintes regatistas:
OPTIMIST
– Jaime Lusquiños – RCN Vigo
– Jacobo García – LC Vilagarcía
– Martin Wizner – RCN Vigo
– Roberto Bermúdez de Castro – RCN A Coruña
– Jorge Barcia – RCN a Coruña
– Victor Fernández – RCN A Coruña
– Alejandro Pérez-Canle – CM Canido
– Santiago Moreno – RCN Vigo
– Jorge Juan Tabara – RCN A Coruña
– Alba Trigo – RCN Sanxenxo
– Jorge Javier García – RCN A Coruña
LASER 4.7
– Juan Maciñeira – RCN A Coruña
– Carla Martínez – RCN Vigo
– Nicolás Vázquez – CM Oza “O Puntal”
– Adriana Rodríguez – CM Oza “O Puntal”
TECHNO 293
– Ignacio Elúa – CN Punta Lagoa
– Javier Praza – CV Praia de Oza
– Jorge Robleda – RCN Rodeira Cangas
ADESTRADORES
– Jaime García
– Bernardo Paz
– Miguel Fernández











