A selección galega de rugby prepárasa para o partido que a enfrontará á selección nacional de Andorra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes Portada
A-
A+

Despois da boa imaxe que deu a selección no partido inaugural da Histori Cup no País Vasco, a pesar da derrota, este sábado o combinado galego enfróntase á Selección Nacional de Andorra a partir das 19:30 horas no campo de rugby de Monteporreiro.

O partido cambia a súa hora para non coincidir co tamén importante partido para o rugby galego que enfrontará ao Blusens Universidade de Vigo contra o San Cugat no partido de volta do playoff de permanencia no que terá que remontar un adverso 29-10 que será o sábado ás 17:30 horas en Vigo.

Para este partido hai tres cambios na lista convocados, Santamaría (Ferrol R.C.), Javier Taboas (Muralla) e Álvaro Duran (CRAT) deixan paso a Chema Fernández (Pontevedra R.C.) e Alberto Cadeira (CRAT) e Guzmán Gómez “URU” (Os Ingleses)

Coa incorporación de URU son 9 os Ingleses que xogarán este fin de semana.

A selección nacional de Andorra ocupa o lugar 64 no Ranking da IRB e este ano xa se enfrontou a Serbia á que venceu por 23-13 e a Israel coa que caeu por 20-16. Sen dúbida os Andorranos non serán un rival sinxelo para as aspiracións galegas, un equipo moi conxuntado xa que case todos os seus xogadores xogan o equipo VPC Andorra que compite na federación francesa de rugby.

Os Andorranos son un equipo que basean o seu xogo nunha forte dianteira e as súas saídas de toque son moi perigosos.

Pola súa banda os Galegos esperan demostrar que se poden enfrontar a calquera equipo e a pesar das numerosas baixas (lembremos que non pode dispor dos xogadores de Vigo) confían nas súas posibilidades, sobre todo despois do bo arrinca ante a potente Euskadi.

3 de xuño de 2014 | 17:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.