A Sala de Exposicións de Verín acolle ‘Soños de autor’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVerín
A-
A+

A Sala de Exposicións de Verín acolle do 10 de xullo até o día 05 de agosto a mostra ‘Soños de autor’ do pintor Manuel Vázquez Ribada, coñecido co nome artístico Don Manuel.

Unha mostra conformada por 15 óleos sobre lenzo que se expón, por primeira vez, en Verín e que se centra en retratos. “Don Manuel, esa é a súa firma, que despois dunha itinerante vida por capitais do mundo artístico…Madrid, Roma, Barcelona, Paris…recalou en Ourense. A súa obra, que foi exhibida en diversas salas de arte se caracteriza por ser….descaradamente distinta. Xunto con algúns cadros de clara inspiración impresionista e recordan aos retratos de Renoir, a súa obra adoita achegarse máis ao estilo surrealista, no que mestura temas coa capacidade dun iluminado, chegando a producir efecto alucinante. A forza expresiva da cor e a vivaz pincelada son elementos que definen os seus cadros, aos que se entrega”, así define o esculto-pintor Xosé Rivada a obra de Don Manuel.

Nado nos Peares, Manuel Vázquez Ribada considérase un xornaleiro das artes plásticas con obra no Smith College de Northampton, Massachusetts, e nas coleccións particulares de Fernando Arrabal, Umberto Eco, Milan Kundera, Jak Vanarsky, Camilo José Cela e outros escritores e artistas.

A Sala de Exposicións de Verín (rúa Irmáns La Salle, entre a Casa da Cultura e a Oficina de Turismo) está aberta de luns a sábado, das 10 ás 14 e das ás 20.30 horas.

30 de xuño de 2014 | 18:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.