A praza Roxa vivirá unha xornada de celebración do Día Internacional do Skateboard

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

Se o clima o permite, os mozos e mozas de Compostela teñen unha cita na Praza Roxa, de 16:00 a 21:00 horas, para celebrar o Día Internacional do Skateboard. O Concello e Vella Escola organizan o Go Skateboarding Day, unha xornada de portas abertas destinada á practica e fomento deste deporte urbano. Esta actividade vai dirixida tanto aos practicantes de skate coma ao resto da mocidade que desexe iniciarse na súa práctica. Para iso, montaranse diferentes ramplas e módulos para patinaxe libre. Ademais, haberá un especialista provisto de material didáctico (patíns e cascos) a disposición da xuventude para poder ensinarlles os fundamentos do skate. Toda a xornada estará amenizada con música da man do compostelán DJ Cro.

25 de xuño de 2014 | 11:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.