A Policía Local de Vigo recupera unha serpe bastarda que se atopaba no tendal dun domicilio

Serpe atopada nun domicilio de Vigo
Ás 15:30 horas do día 01/06/2014 unha Unidade da Policía Local de Vigo adscrita á Sección UMIR, acudiu a un domicilio particular situado na rúa Paraixal de Arriba nº 28 onde se atopaba unha serpe bastarda nun tendal da roupa. Tratábase dun exemplar adulto, que non presentaba lesións. Foi capturado cunha pinza e devolto ao seu habitat.











