A piscina municipal de San Sadurniño abrirá ao público o 23 de xuño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSan Sadurniño
A-
A+

A piscina municipal de San Sadurniño abrirá ao baño o próximo luns. Porén, durante a próxima fin de semana -do 20 ao 22- as instalacións xa terán actividade, posto que estarán reservadas para os nenos e nenas que participan no torneo que organiza o C.F. San Sadurniño en colaboración co Concello. Está aberto o prazo para inscribirse nos cursos de natación e ximnasia na auga que haberá durante o verán e tamén poden retirarse xa os aboamentos para baños. 

A piscina estará aberta pola semana de 14 a 21 h., mentres que os sábados, domingos e festivos o horario será de 12 a 21 h. Ademais, durante os meses de xullo e agosto desenvolveranse en horario de mañá os cursos de natación cun horario que aínda está por determinar. 

O que si se sabe é que os cursos comezarán o 2 de xullo e que o prazo para apuntarse xa está aberto. Tamén están definidas as quendas: iniciación e perfeccionamento desenvolveranse os luns, mércores e venres e a actividade de ximnasia na auga será os luns e mércores. Para que haxa cursos fará falla un número mínimo de persoas apuntadas.

As inscricións poden facerse na casa da Cultura de luns a venres entre as 8.30 e as 14.00. Tamén alí se poden adquirir os bonos para baños de toda a temporada, mentres que unha entrada solta poderá mercarse en calaquera momento no bar da piscina. Os prezos para cursos e baños mantéñense practicamente igual que o ano pasado:

Entrada Individual diaria de adultos: 3,16 euros€
Entrada Individual diaria de menores ata 14 anos: 1,59 €euros
Abono temporada de persoas adultas: 25,39 euros €
Abono temporada de menores ata 14 anos: 15,87 €euros
Abono Familiar: 38,05 euros
Cada persoa a partir da quinta (dentro do abono familiar): 3,17 €euros
Curso de natación para menores ata 14 anos: 9,52 euros/mes
Curso de natación de persoas adultas: 19,04€ euros/mes
Curso de ximnasia na auga para persoas adultas: 19,04 euros/mes

Aldea de verán

Cómpre lembrar que o programa municipal de conciliación Aldea de verán ten tamén aberto o prazo de inscrición. Ata este venres poderanse botar as solicitudes para o mes de xullo. Ademais, tamén se poderá reservar praza para agosto pagando xa os dous meses. Iso si, o pagamento só poderán facelo as familias empadroadas en San Sadurniño, xa que son as que teñen preferencia.

O prazo de inscrición só para agosto estará aberto do 1 ao 18 de xullo. Nesta ligazón hai dispoñible información completa sobre este programa cofinanzado pola Deputación da Coruña.

16 de xuño de 2014 | 19:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.