A Peña Cicloturista Amigos de Santiago é recibida no Obradoiro por Currás e Leis

Recepción na praza do Obradoiro
O alcalde compostelán, Ángel Currás, e a concelleira de Turismo, Reyes Leis, recibiron a Peña Ciclista Amigos de Santiago, da cidade de Ávila, que concluíu a edición XXVII da súa ciclomarcha a Compostela. Esta agrupación realiza cada ano unha marcha ciclista que une Ávila e Santiago de Compostela. Son xa 27 anos os que levan facendo o Camiño de forma ininterrompida.











