publicidade hoxe

A parroquia de Anllo celebra esta fin de semana o San Antonio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSober
A-
A+

O Goberno local de Sober colabora coa celebración esta fin de semana das Festas de San Antonio de Anllo. Os festexos comezan o venres día 13 cunha misa con procesión ás 13:30 horas. Xa pola noite, a partir das 21:00 horas haberá unha pancetada gratuíta e baile co dúo Meritxel.

O sábado 14 haberá de novo misa con procesión ás 13:30 e sesión vermú. O baile de tarde noite será a partir das 21:00 horas coa Orquestra Bohemia e o dúo Camelia. Ás doce da noite haberá sesión de fogos de artificio.

O último día, domingo 15, a misa con procesión celebrarase ás 13:30 horas e a partir das 21:00 horas haberá baile coa Orquestra Poceiro.

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, anima a todos os veciños e veciñas e aos que se acheguen á localidade a participar na celebración.

12 de xuño de 2014 | 12:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.