A Organización Mundial do Turismo asinará en Santiago un convenio de colaboración coas Cidades Patrimonio
O Seminario da OMT “O rol do Patrimonio Mundial na configuración de produtos turísticos innovadores” que se inaugura o 6 de xuño en Santiago é o primeiro proxecto que ambas as dúas entidades poñerán en marcha para a posta en valor e comercialización do Patrimonio Mundial como produto turístico diferenciado. A Organización Mundial do Turismo (OMT) e o Grupo Cidades Patrimonio da Humanidade de España asinarán o próximo venres en Santiago de Compostela un acordo marco de colaboración co obxectivo primordial de promover o papel do Patrimonio Mundial como elemento clave no desenvolvemento turístico sostible. En virtude deste convenio ambas as dúas entidades cooperarán na execución de proxectos comúns que inclúan algunha das seguintes áreas: desenvolvemento de programas de formación, organización de foros e seminarios, actividades de investigación e desenvolvemento, e comercialización do produto turístico Patrimonio Mundial.
O acto da firma terá lugar o venres 6 de xuño ás 16,00 horas na Hostal dos Reis Católicos de Santiago de Compostela, cidade membro do Grupo Cidades Patrimonio da Humanidade de España dende a súa creación en 1993 e que dende o 4 de xuño acollerá a 98 reunión do seu Consello Executivo á que asistirán delegacións dos 32 países membros, con presenza dunha decena de ministros de Turismo dos estados representados.
O secretario xeral da OMT, Taleb Rifai, e o vicepresidente do Grupo Cidades Patrimonio e alcalde de Alcalá de Henares, Javier Bello, asinarán o acordo marco, acompañados polos seguintes alcaldes en representación das 15 cidades membros da asociación: Ángel Currás, Alcalde de Santiago de Compostela; Miguel Ángel García Nieto, Alcalde de Ávila; Clara Luquero, Alcaldesa de Segovia; e Piar Marí, Alcaldesa de Eivissa.
Tras la firma dará comienzo el seminario sobre colaboración público-privada ” El rol del Patrimonio Mundial Material e Inmaterial en la configuración de productos turísticos innovadores”, organizado por la OMT en colaboración con el Grupo Ciudades Patrimonio. Este seminario es el primer fruto del acuerdo marco entre ambas entidades y girará en torno al papel relevante que el Patrimonio Mundial viene ejerciendo en el mercado turísitico, con un atractivo cada vez mayor para los viajeros que buscan esta oferta diferenciada y en la que España es, junto con Italia, líder mundial, con 44 bienes materiales y 10 inmateriales inscritos en la lista de la UNESCO.
Participarán en el seminario, impartiendo ponencias marco sobre Patrimonio y turismo desde la perspectiva privada: Mercedes Carreño, de la Universidad de La Coruña; Jorge Robles, de la empresa de innovación tecnológica aplicada al turismo Pastview; y Masih Sharif, del Bank of Tourism of Iran.
A continuación tendrá lugar un bloque de presentaciones con intervenciones de representantes de instituciones públicas y privadas, que expondrán ejemplos y casos concretos de promoción y comercialización del producto Patrimonio Material e Inmaterial: Esther Rodríguez, Subdirectora General Adjunta de Protección del Patrimonio Histórico en Ministerio de Educación, Cultura y Deporte de España;; Ángeles Alarcó, Presidenta de Paradores de Turismo de España; y Joxe Mari Aizega, Director General del Basque Culinary Center, y los representantes de ciudades declaradas por la UNESCO Patrimonio de la Humanidad: Miguel Ángel García Nieto, Alcalde de Ávila; Clara Luquero, Alcaldesa de Segovia; y Pilar Marí, Alcaldesa de Ibiza.
O seminario concluirá cunha mesa redonda e debate no intervirán Antonio López de Ávila, presidente da Sociedade Estatal para a Xestión da Innovación e as Tecnoloxías Turísticas (SEGITTUR) do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo; Anne Lafortune, Secretaria de Turismo de Seychelles; e Daniel Pablo Aguilera, Secretario de Estado de Turismo de Arxentina.
Tras a clausura do Seminario pecharase a xornada ás 20,30 horas co concerto de música clásica que as Cidades Patrimonio ofrecerán aos asistentes na Capela da Orde Terceira de San Francisco. No concerto, que forma parte do ciclo “Música de Cámara nas Cidades Patrimonio da Humanidade de España”, actuará o Grupo Kuhlau da Escola Superior de Música Raíña Sofía cun programa con obras de Mozart, Haydn e Reger.
A Organización Mundial do Turismo (OMT) é o organismo das Nacións Unidas encargado da promoción dun turismo responsable, sostible e accesible para todos. A OMT, como principal organización internacional no ámbito turístico, avoga por un turismo que contribúa ao crecemento económico, a un desenvolvemento incluyente e á sostibilidade ambiental, e ofrece liderado e apoio ao sector para expandir polo mundo os seus coñecementos e políticas turísticas. A OMT defende a aplicación do Código Ético Mundial para o Turismo para maximizar a contribución socioeconómica do sector, minimizando á vez os seus posibles impactos negativos, e comprometeuse a promover o turismo como instrumento para alcanzar os Obxectivos de Desenvolvemento das Nacións Unidas para o Milenio (ODM), encamiñados a reducir a pobreza e a fomentar o desenvolvemento sostible. A OMT xera coñecemento dos mercados, promove políticas e instrumentos de turismo competitivo e sostible, fomenta o ensino e a formación en materia de turismo e traballa co fin de facer do turismo unha ferramenta eficaz para o desenvolvemento mediante proxectos de asistencia técnica en máis de 100 países do mundo. Entre os seus membros figuran 156 países, 6 membros asociados e máis de 400 Membros Afiliados que representan ao sector privado, a institucións de ensino, a asociacións de turismo e a autoridades turísticas locais.
O Grupo Cidades Patrimonio da Humanidade de España (www.ciudadespatrimonio.org) é unha entidade non lucrativa creada en 1993 e formada actualmente por 15 localidades, todas elas incluídas na Lista do Patrimonio Mundial da UNESCO pola excepcionalidade e valor dos seus cascos históricos. Foron cidades fundadoras Ávila, Cáceres, Salamanca, Santiago de Compostela, Segovia e Toledo. Posteriormente ingresaron: Córdoba (1996), Cuenca (1998), Alcalá de Henares (2000), San Cristóbal de La Laguna (2002), Eivissa (2002), Tarragona e Mérida (2006). O 22 de marzo de 2014 acordouse o ingreso das cidades renacentistas de Úbeda e Baeza. O seu obxectivo fundacional é actuar de xeito conxunto na defensa do patrimonio histórico das cidades que o compoñen, así como na difusión e promoción nacional e internacional dos seus valores culturais, propiciando o desenvolvemento dun turismo cultural de calidade baseado na rica historia e o patrimonio das súas cidades.











