A OMIC ofrece 130 prazas gratuítas para talleres infantís e xuvenís sobre consumo responsable
A tenente de alcalde de Emprego e Empresa, Luisa Cid, presentou esta mañá a nova programación educativa para o verán organizada pola Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC) que arrinca o próximo 30 de xuño cun total de 130 prazas gratuítas para participar en dous programas educativos. Trátase da Escola de Verán para o Pequeno Consumidor, dirixido a nenos de entre catro que se desenvolverá en xullo, e de Non te enredes na Rede, que se impartirá en agosto e destinado á poboación adolescente.
Na presentación das actividades, a concelleira explicou que este verán se ampliou a oferta de edicións anteriores coa incorporación de Non te enredes na Rede. Luisa Cid engadiu que o programa está deseñado para atender as dúbidas e achegar información útil a un colectivo, o dos mozos, especialmente vulnerable e tamén un dos máis expostos aos perigos de Internet, indicou Cid.
Neste sentido, engadiu que o número de reclamacións relacionadas con menores e Internet incrementouse nos últimos anos. Así ao longo de 2013 a OMIC atendeu 89 queixas e no que vai de ano, desde xaneiro a maio xa se rexistraron 58. A maioría das reclamacións preséntanas pais cuxos fillos navegaron pola Rede sen a supervisión e control dun adulto. Descargas de xogos, tons e melodías con subscricións a servizos de pago e problemas de privacidade son algunhas das queixas máis comúns presentadas na oficina da OMIC.
O Concello decidiu pór en marcha estes cursos sobre o uso de Internet para dar resposta a unha necesidade social que nos últimos anos aparece reflectida nas memorias da OMIC”, dixo Cid.
O contido dos programas é o seguinte:
ESCOLA DE VERÁN PARA O PEQUENO CONSUMIDOR
Os talleres deste programa centraranse en realizar actividades para concienciar aos máis pequenos da importancia da responsabilidade no consumo de forma que adquiran hábitos para ser consumidores responsables e comprometidos.
O itinerario formativo consistirá en aprender xogando a través de xogos de mesa, manualidades ou xogos de pistas. Os nenos aprenderán a elaborar desde sales de baño con esencias ou jarabes de froitas até papel reciclado artesanal, cometas de papel de xornal e caretas con cartón reutilizado. O programa inclúe apartados como enerxías renovables e visitas ao mercado municipal e ao monte de San Pedro.
Os cursos desenvolveranse do 30 de xuño ao 1 de agosto en horario de 10.00 a 13.30 horas para nenos de entre 4 e 10 anos. O programa oferta un total de 100 prazas que se distribuirán entre o 30 de xullo e o 1 de agosto en catro quendas de 25 prazas cada un. A duración de cada un dos talleres é de cinco días.
NON TE ENREDES NA REDE
O programa dirixido a adolescentes Non te enredes na Rede nace co obxectivo de dar a coñecer aos mozos e mozas as distintas ferramentas que a tecnoloxía nos achega para facer un uso seguro das Tecnoloxías da Información co fin de protexer datos, arquivos e as comunicacións, ademais de aprender a identificar os riscos e como actuar ante eles.
Os talleres do programa son os seguintes:
– A que non sabes quen son? Privacidade e seguridade: Analizaranse as malas prácticas na comunicación nas redes sociais e os seus perigos e consecuencias. Tamén se aprenderá a configurar as opcións de privacidade e seguridade das principais redes sociais que empregan os adolescentes e daranse consellos prácticos para evitar riscos derivados do mal uso das redes sociais.
– Son máis intelixente que o meu smartphone: protección da información almacenada: O taller ensinará a asegurar os móbiles paera evitar perder a privacidade e os datos e arquivos almacenados no dispositivo.
– Money, money: compras seguras en Internet: daranse a coñecer as claves precisas para que as compras por Internet e as que se realizan a través dos dispositivos móbiles sexan seguras e fiables.
Os talleres para mozos impartiranse entre o 5 e 14 de agosto en dúas quendas –cada un de tres días de duración- e en horario de 11.00 a 12.30 horas durante tres días. Haberá 15 prazas por grupo e está dirixido a adolescentes de 12 a 15 anos.
Todas as actividades da programación educativa da OMIC son gratuítas pero necesitan inscrición previa. As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición. As solicitudes para participar en calquera dos dous programas poderanse realizar do 16 ao 20 de xuño nas oficinas da OMIC, de 08.00 a 14.00 horas (Costa da Palloza, 8) adxudicándose as prazas por rigorosa orde de inscrición. En cada solicitude só poderá apuntarse un participante e só poderá pedirse unha quenda por solicitude.











