A oficina de turismo de Combarro e a Casa de Colón estarán abertas durante a tempada estival

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPoio
A-
A+

A Concellaría de Turismo do Concello de Poio informa sobre a apertura da oficina de turismo de Combarro e a Casa de Colón durante tempada estival.

A oficina de turismo de Combarro abrirá as súas portas o próximo luns 16 de xuño para permanecer aberta ó público ata o mes de setembro.

A oficina de turismo atenderá ós visitantes de luns a domingo en horario de 10:30 a 14:00 hrs. e de 17:30 a 20:30 hrs. Dúas bolseiras serán as encargadas de dar a información turística ós visitantes que se achegen ata Combarro, así mesmo, en breve se lles unirá outra persoa titulada en turismo para así poder dar un servizo completo os sete días da semana.

Pola súa parte, a Casa de Colón abrirá ás súas portas a partires do luns 16 de xuño e será outra bolseira titulada en turismo a que atenda ós visitantes que se achegen ata a mencionada Casa. O horario de apertura será de martes a domingos de 10:30 a 14:00 hrs. e de 17:30 a 20:30 hrs.

A oficina de turismo do Casal de Ferreirós de cara a tempada estival tamén amplía o seu horario abrindo polas tardes de luns a venres de 17:00 a 20:00. O novo horario coincide coa Exposición da Escola de Canteiros que inaugúrarase no Casal o próximo sábado 14 de xuño con motivo da Festividade de San Xoán e que poderá visitarse no Casal durante dúas semanas.

11 de xuño de 2014 | 19:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.