A Oficina da Feira Franca na rúa Alfonso XIII abre até o vindeiro 16 de xullo
A Concellaría de Festas xa ten operativa dende hoxe a Oficina da Feira Franca, situada no antigo edificio do Conservatorio de música, na rúa Alfonso XIII. A Oficina estará aberta até o vindeiro 16 de xullo para todas as persoas que desexen solicitar información sobre a Feira ou ben para inscribirse para participar en ceas ou comidas, en hostalería ou no mercado.
A Oficina estará aberta de luns a venres de 10.00 a 14.00 horas. Poderase obter máis información en feirafranca.info ou a través do correo feirafranca2014@gmail.com ou no teléfono 986 86 05 87.











