publicidade hoxe

A obra Cipriano de Bequelar chega ao Auditorio de Cedeira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioCedeira
A-
A+

O Auditorio Municipal de Cedeira acollerá este sábado, 7 de xuño, a representación da obra “Cipriano de Bequelar (Historia de amor e morte)”, do colectivo Carrachanacacha (O Auturuxo de Melpómene). Unha peza teatral escrita e dirixida por Leandro Lamas e interpretada por Quique Vázquez, Lorena Montero, Paula Morado e Silvia Casal. Con música de Miguel Bellas, “Cipriano de Bequelar” é o terceiro proxecto deste colectivo teatral e narra a historia dun poeta, dos seus amores, dos seus pesadelos… Vén precedida do éxito da súa estrea na Mostra de Teatro de Cee e, de seguro, fará pasar unha tarde-noite agradable ao público asistente.

A representación comenzará ás 21 horas no Auditorio Municipal da vila e o prezo das entradas é de 2,5 euros.

5 de xuño de 2014 | 19:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.