A noite de San Xoán supera as 140.000 persoas na Coruña mentres os servizos sanitarios atendenden 119 incidencias
O Concello da Coruña informa dunha estimación de asistentes á noite de San Xoán de máis de 140.000 persoas nas praias, o paseo marítimo e a chaira do Palacio dos Deportes de Riazor. O Goberno municipal destaca a gran acollida que tiveron todas as actividades programadas coa colaboración da Comisión de Fogueiras de San Xoán.
A área de Seguridade Cidadá destaca, ademais, que o balance do dispositivo de San Xoán 2014 foi positivo grazas ao civismo e a colaboración cidadá. O departamento que dirixe Julio Flores tamén agradece de maneira especial a colaboración de todo o dispositivo de seguridade que se programou con motivo das fogueiras de San Xoán. Os principais datos deste dispositivo son:
>As praias de Riazor e Orzán pecháronse hoxe ás 06.30 horas. Ao redor das 07.00 horas, cortáronse os accesos aos areais e ningunha persoa quedaba xa na zona, o que permitiu pór en marcha o dispositivo de limpeza. Finalizada a festa, as praias de Riazor, Oza, San Amaro, Adormideras e As Lapas puidéronse reabrir entre as 08.00 e as 12.00 horas, mentres que a limpeza do Orzán está prevista que conclúa ás 17.00 horas.
>Os servizos sanitarios atenderon a 119 persoas, unha cifra inferior á do ano pasado con 148 incidencias. Das 119 persoas atendidas, 11 foron trasladadas a centros hospitalarios. Por tipo de incidencias, as máis destacadas durante esta noite foron:
– 44 queimaduras.
– 19 intoxicacións etílicas.
– 1 intoxicación por drogas.
– 26 persoas tiveron que ser atendidas por golpes, danos nos ollos…
– 2 agresións.
– 25 lesións.
>A Policía Local e a Policía Nacional mantiveron un dispositivo de prevención e de seguridade tanto na zona das praias como no resto da cidade.
>Os bombeiros inspeccionaron fogueiras nas praias e nos barrios. Realizaron un total de 18 intervencións, ningunha de gravidade.
O Concello destaca que as incidencias, tanto as de tipo sanitario como as de seguridade, non foron graves, polo que o balance é positivo, e máis si tense en conta a gran afluencia de público.
En tres anos, o Goberno municipal ha duplicado o número de persoas e os recursos materiais ao servizo dos cidadáns na noite de San Xoán. Nesta edición, o dispositivo estivo coordinado desde o Centro Móbil de Coordinación situado na Coraza, operativo desde as 18.00 horas de onte. Ademais, este ano contou coa novidade dun dispositivo de vídeo-vixilancia para apoiar o labor dos efectivos de emerxencias e seguridade, que consistiu nun Centro de Control Móbil de vídeo-vixilancia con dous cámaras na parte superior do vehículo -e que estivo situado na Coraza- e o despregamento doutras 10 cámaras portátiles que se situaron en puntos fixos do paseo marítimo -nos farois- entre as Escravas e o Matadoiro. O obxectivo foi contar cunha ferramenta máis para lograr que o San Xoán sexa unha festa segura para todos para apoiar o labor dos efectivos de emerxencias e detectar, da forma máis rápida posible e en tempo real, calquera incidencia.
O dispositivo de seguridade contou con 366 efectivos, os mesmos que en 2013, e 92 máis que en 2012, e os mesmos medios de seguridade e atención de emerxencias que o ano pasado.
En concreto, foron 188 efectivos municipais e 5 postos de atención, 13 ambulancias atendidas por Protección Civil, Cruz Vermella e o 061; e 8 vehículos de Bombeiros e patrullas móbiles da Policía Local e da Policía Nacional.
O alcalde, Carlos Negreira, agradece o esforzo e o traballo realizado por todos os axentes da Policía Local, do Corpo Nacional de Policía e de bombeiros, así como o labor dos profesionais e voluntarios de Protección Civil e de Cruz Vermella, aos voluntarios, ao persoal de seguridade privada, do servizo de socorrismo e ao persoal que realiza durante a xornada de hoxe os labores de limpeza de praias.
Dispositivo de tráfico
Por primeira vez, a área de Tráfico e Mobilidade puxo a disposición dos cidadáns 8 liñas especiais desde a praza de Pontevedra aos barrios -entre as 00.30 e as 02.30 horas, cunha frecuencia de 10-15 minutos-. Este servizo especial contou con 8 liñas lanzadeiras que conectaron a praza de Pontevedra cos distintos barrios da cidade. Desde as 03.00 e até as 06.30 horas tamén saíron os autobuses do servizo Especial Bufo – San Xoán, cunha frecuencia de 30 minutos.
Ademais, por primeira vez, púxose a disposición dos cidadáns como aparcadoiro disuasorio o parking existente no Coliseum e o de Carrefour, con máis de 1.200 prazas, e o do Centro Comercial Marineda City, con outras 3.000 prazas; que foron atendidos por buses lanzadeira desde a praza de Pontevedra.











