A moza protagonista do vídeo íntimo difundido en Ordes reclamará o dereito ao esquecemento en Google

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOrdesSucesos
A-
A+
Europa Press

A moza de Ordes (A Coruña) da que se difundiu, entre 2004 e 2005, un vídeo de contido sexual pedirá a Google o dereito ao esquecemento, segundo informou o seu letrado, Miguel Ángel Fernández, na segunda sesión do xuízo que se celebra na Audiencia da Coruña contra 18 acusados por estes feitos.

O letrado sinalou que a súa clienta, transcorridos dez anos, segue tratamento psicolóxico, despois de que o vídeo se difundise na súa localidade e se fixesen copias do mesmo.

En declaracións aos medios, o avogado admitiu que é “complicadísimo” que se poida retirar o vídeo das redes sociais, pero insistiu en que tratarán de acudir “a ese dereito”. No entanto, admitiu as súas dúbidas de que noutros buscadores que non sexa Google se poida retirar.

Por outra banda, o letrado non descartou que poida haber unha rebaixa das penas para os procesados por dilacións indebidas nos procesos. As penas solicitadas para os acusados van dos dous aos oito anos de prisión por un delito de descubrimento e de revelación de segredos.

10 de xuño de 2014 | 16:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.