A mesa de coordinación contra a violencia de xénero do Carballiño detecta maior sensibilización

Reunión da mesa de coordinación contra violencia de xénero
A mesa de coordinación contra a violencia de xénero mantivo este venres unha nova reunión no Carballiño, á que asistiron os representantes da Garda Civil, Policía Local, subdelegación do goberno, centro de orientación familiar(COF), así como do Centro de Información a Muller do Carballiño, e a edil responsable da concellaría de Igualdade Purificación Alberte.
Entre as conclusións que se sacaron tras avaliar os datos deste primeiro semestre de 2014, é que todos os expedientes abertos no Carballiño de violencia de xénero teñen a correspondente denuncia, o que é un dato positivo no que respecta á concienciación das vítimas de denunciar estes feitos, algo que anteriormente era moi difícil conseguir
Todos os asistentes coincidiron en destacar este feito, considerando que supón un paso adiante na loita contra esta secuela social.











