A Mancomunidade de Ferrol organiza unha xornada de deporte adaptado-inclusivo en Ares
A Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol, que preside Jose Manuel Rey Varela, organiza o vindeiro xoves, día 19 de xuño, unha nova xornada aberta do deporte e a actividade física adaptada e inclusiva. Esta iniciativa conta coa colaboración da Deputación da Coruña, e na mesma interveñen a Agrupación Deportiva de Minusválidos Ferrol, a Asociación Vida Activa, a entidade Grupo Diversidade e Funcional e a Asociación Sociocultural de Minusválidos. A cita deportiva dará comezo ás 11:00 horas no pavillón polideportivo de Ares.
O organismo supramunicipal desenvolve catro escolas deportivas: baloncesto en cadeira de rodas, tenis en cadeira de rodas, boccia e baile adaptado. Así, e co obxectivo de dar a coñecer os diferentes deportes e actividades físicas adaptadas e inclusivas dende un punto de vista técnico, os deportistas ofrecerán unha exhibición a tódalas persoas interesadas. Esta xornada é de carácter gratuíto e está dirixida a toda a poboación. Os interesados en asistir poderán obter máis información chamando ao teléfono: 981 944 000 (ext.378 e 213).











