A limpeza dos camiños do rural chega á zona de Galáns e Renza

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

A Concellería de Vías, Obras e infraestruturas dispón durante ouros quince días da máquina varredora da Mancomunidade do Salnés, polo que esta semana xa se retomaron os traballo de limpeza e acondicionamento dos camiños das zonas do rural. Nesta segunda rolda, as labores de varrido levaranse a cabo nos rueiros de Galáns e Renza.

A concelleira, Ana Granja, salientou o bo resultado que está dando esta máquina que se utilizou por primeira vez en Vilagarcía a finais de maio para repasar os camiños Trabanca Badiña. A máquina cepilla o firme para retirar os restos de terra que se acumulan en moitas vías das zonas rurais debido aos arrastres producidos polas intensas chuvias e que, ademais de xerar barro, representa un risco para a condución porque facilita o derrape.

Ademais de varrer a superficie, a máquina conta cun brazo lateral para usar sobre as cunetas á vez que limpa o firme, de xeito que a vía recupera o seu ancho orixinal, xa que o aparello logra retirar a terra e a herba que medra nas marxes das estradas e que reducen a zona segura de tránsito dos peóns.

A máquina está cedida por un período de 15 días, polo que, de rematar a limpeza en galáns e Renza pasarase a outras zonas do rural. Os traballos retomaranse na seguinte quenda en que a maquinaria mancomunada lle volva a tocar a Vilagarcía.

26 de xuño de 2014 | 11:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.