A Kieler Woche próxima cita para os 49er e FX do Equipo Olímpico Español de Vela

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportes
A-
A+

O Equipo Olímpico Español de Vela ten nuns días unha nova cita coa alta competición, a semana alemá de clases olímpicas coa celebración da clásica Kieler Woche.

España estará representada por parte dos combinados das modalidades 49er e FX, viaxando até a localidade alemá de Kiel os asturianos Federico e Arturo Alonso (O Gaiteiro) do Real Club Astur de Regatas, e os irmáns Paz, Carlos e Antón, Deporte Galego-Dip. Pontevedra-Zhik-Cousin) do Liceo Casino de Vilagarcía. Nesta ocasión os cántabros Diego Botín e Pablo Turrado, do Marítimo de Santander, non se desprazan con motivo de estar a preparar próximos compromisos internacionais. Á fronte atópase o seu adestrador olímpico, o malagueño Carlos Chamas.

Respecto ao 49er Feminino ou FX, o Equipo Olímpico Español mantén as súas expectativas no tándem galego/cántabro formado por Támara Echegoyen e Berta Betanzos (Movistar) RCN Sanxenxo/RCM Santander, e o catalán de Aura Miquel, do CN Arenys de Mar, e Silvia Roca, do Club Náutic L´Escala, (Sandiline-Dr. Sails-Harken). O seu adestrador de clase é o galego Pepe Lis.

As primeiras xornadas estarán dedicadas á toma de contacto coas augas alemás, dedicando o últimos seis días á competición.

19 de xuño de 2014 | 19:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.