publicidade hoxe

A I Feira de Artesanía e Oportunidades de Neda reunirá máis dun centenar de postos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

A primeira edición da Feira de Artesanía e Oportunidades da real vila de Neda reunirá este domingo, 15 de xuño, máis dun centenar de postos, que ofrecerán os seus productos durante toda a xornada (en horario de mañá e de tarde). Celebraráse nun entorno privilexiado, como é o Paseo Marítimo, entre o parque infantil Agatha Ruiz de la Prada e a actual ubicación do Bus de Neda. Cada posto acudirá coa súa propia haima e, alí, o público que se achegue á feira poderá adquirir unha ampla oferta de productos. Dende roupa a bisutería, pasando por manualidades, elementos de decoración, xoguetes…

Así mesmo, a cita terá un marcado carácter solidario, xa que a cuota de inscripción para os postos (de cinco euros) destinaráse íntegramente a diferentes programas do departamento municipal de Servizos Sociais do Concello de Neda, centrados nas familias con escasos recursos da vila.

Unha oportunidade para realizar compras a bo prezo e, tamén, ter un xesto solidario. Este domingo, entre as 10 e as 21 horas no Paseo Marítimo de Neda.

10 de xuño de 2014 | 20:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.