publicidade hoxe

A humanización do centro urbano da Baña xa foi executada nun 30%

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Baña
A-
A+

As obras para o acondicionamento do centro urbano da Baña xa están executadas nun 30%. O proxecto estará listo a final do próximo mes de xullo ou inicios de agosto.

O proxecto de humanización das rúas Castelao, Rosalía de Castro e a praza do Concello conta cun orzamento de 240.000 euros.A día de hoxe xa poden apreciarse cambios na renovación das beirarrúas. Os operarios e maquinaria da empresa encargada de acometer o proxecto (Oviga) levan dous meses traballando no núcleo urbano da capital da Baña, onde tamén está situada a sede do Concello.

As obras afectan a un quilómetro de rúas. A Deputación da Coruña asumirá un investimento de 191.000. O resto (case 48.000 euros) serán afrontados polo Concello da Baña. O total do investimento sumo 240.000 euros. As rúas Castelao e Rosalía de Castro así como a Praza do Concello eran propiedade da Administración autonómica ata que, coa apertura das novas vías de comunicación, acometeuse a súa desafección. E pasaron a ser propiedade do Concello da Baña. Nestas infraestruturas non se acometeu ningunha mellora no últimos trinta anos.

23 de xuño de 2014 | 19:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.