A Guarda entrega os novos EPIS aos integrantes do GES
O pasado martes día 3, o alcalde da Guarda, D. José Manuel Domínguez Freitas, acompañado do concelleiro delegado do GES, Miguel Español, e do oficial da Policía Local, fixo entrega dos novos EPIS (equipos de intervención: tarxes, cascos, etc) ós integrantes do GES da Guarda.
Este grupo de Emerxencias Supramunicipal que da cobertura ós concellos da Guarda, O Rosal, Oia e Tomiño entrou en funcionamento a mediados de setembro do 2013 e actualmente está composto por doce membros que prestan servizo as 24 horas do día.
A instauración deste dispositivo, con base no Concello da Guarda, viu a recuperar ó antigos GRUMIR, e está financiado pola Xunta, a Deputación e o Concello da Guarda.
Dende a súa implantación o 15 de setembro do 2013, e ata o día 30 de maio do presente ano, teñen aberto 605 operativos nos distintos concellos aos que da cobertura. É preciso destacar que 185 destes servizos prestáronse en asuntosde tráfico e 261 chamadas producíronse dende o 112.
Este elevadísimo número de operativos xustifica a necesidade deste servizo e o esforzo económico que ten que realizar o Concello da Guarda para mantelo.
Non obstante, a Xunta de Galicia debería reflexionar sobre o sistema de financiación do mesmo, dado que dun custo total de 250.000€ o noso Concello ten que soportar 50.000€ con carácter fixo e 81.000 euros están condicionados a que estes grupos desbrocen un total de 36 ha de maleza. A razón de dedicarse a estas amplas tarefas de desbroce pode afectar en gran medida á atención doutras emerxencias.











