A Fundación Cangas Deporte celebra a súa asemblea xeral este sábado

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+

A Fundación Cangas Deporte celebra este sábado día 14 de xuño ás 11.00 horas no salón de plenos da Casa do Concello a súa Asemblea Xeral.

Este acto vai dirixido a máis de 40 clubs deportivos do municipio, que practican 28 deportes diferentes, con máis de 23.000 licencias federativas.

Durante a sesión, procederase á aprobación da acta anterior e darase aos clubs asistentes información sobre a convocatoria das bases de subvención aos Clubs de Cangas 2014.

Posteriormente haberá unha quenda de rogos e preguntas para aclarar todas as dúbidas existentes.

12 de xuño de 2014 | 19:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.