A Fundación Cangas Deporte aproba as bases de subvencións a clubs

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+

O pasado martes celebrouse unha xuntanza do Consello Rector da Fundación Cangas Deporte na que foi aprobada por unanimidade a proposta do Sr. Presidente-Delegado, o concelleiro José Luís Gestido Porto, referente as “Bases da concesión de subvencións destinadas o fomento do deporte federado- ano 2014” , dirixidas aos clubs de Cangas.

Dacordo coa dita proposta, autorizase un crédito de 100.000,00 € con cargo a partida 489 do orzamento do ano 2014 deste organismo, tramitándose dito expediente como anticipado de gasto.

O próximo sábado está convocada a Asemblea Xeral da Fundación Cangas Deporte no Salón de Plenos da Casa do Concello ás 11.00 horas, 11.15 horas en segunda convocatoria na que explicarase aos presentes con detalle as bases de este ano. Na asemblea están representados o grupos políticos municipais, os clubs e os responsables dos centros escolares entre outros. O prazo de presentación de solicitudes terá un duración de 20 días naturais a contar do día seguinte a publicación das devanditas bases no Boletín Oficial da Provincia (B.O.P.) que deben ser entregadas no Rexistro Xeral do Concello.

Este ano mantense a partida orzamentaria respecto o ano pasado, no cal repartíronse 100.000 euros entre 22 clubs do municipio.

10 de xuño de 2014 | 19:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.