A Festa do Viño Tinto de Barrantes repartiu 15.000 botellas entre uns 30.000 asistentes
Rematada a XLII edición da Festa do Viño Tinto do Salnés, o Concello de Ribadumia, a Asociación de Viticultores e a comisión de festas fan as primeiras valoracións sobre a festa, este ano pasadas por auga, todas coinciden en describir como un éxito aceptable a pesar de que actuacións tan esperadas como a do grupo folck TREIXADURA ou o FESTIVAL DE BANDAS tiveron que ser suspendidas polo mal tempo. A afluencia de público durante os tres días de festa, e a venta de viño tinto tipo Barrantes e de variedades autóctonas foron algo mais baixas que anos anteriores. Desde o venres, e ata primeiras horas da madrugada do luns, preto de 15.000 persoas pasaron polo municipio. No que respecta á venta de viño, despacháronse aproximadamente 8.000 botellas.
A alcaldesa Salomé Peña lamenta que a climatoloxía non acompañara, pero felicita a organización e aos colleiteiros polo esforzo realizado e destaca o “éxito de participación e organización” da III BTTinto que se consolida como, “ unha cite ineludible para os amantes desta especialidade ciclista, ata o último momento e xa pechadas as inscricións continuaban as chamadas o Concello de xente interesada en participar.
Os día de máis afluencia de público foi sen dúbida o domingo. xa que a III Ruta BTTinto congregou a 2.300 participantes, dos 2.640 inscritos, e aos seus acompañantes desde as 8.00 horas. Tanto desde a organización como os propios participantes –a través de foros, redes sociais…- coinciden en destacar o éxito desta edición, tanto pola calidade e atractivo do percorrido, como pola organización da proba.
Agora queda por determinar a data na que se recuperará a Actuación de TREIXADURA e o FESTIVAL DE BANDAS suspendidos polo mal tempo.
Limpeza das rúas
Por outra banda, esta mesma mañá as rúas principais de Barrantes xa estaban abertas á circulación ao mesmo tempo que o servizo de limpeza municipal xa traballa no acondicionamento de todo o centro, limpando en profundidade as rúas e beirarrúas e devolvéndolle a súa imaxe habitual. Non se destaca es especial ningún incidente agás os propios destas celebracións multitudinarias











