publicidade hoxe

A Festa de Fin de Curso das Escolas Deportivas de Cedeira terá un marcado carácter solidario

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCedeira
A-
A+

Cedeira acollerá o próximo luns, 30 de xuño, a súa Festa de Fin de Curso das Escolas Deportivas. E, nesta ocasión, a cita terá un marcado carácter solidario, xa que con ela o público asistente tamén colaborará coas campañas de alimentos que levan a cabo os voluntarios locais de Cáritas. Así, o Concello anima ás persoas que acudan á Festa a entregar algún producto alimenticio non perecedoiro, que será entregado a esta entidade sen ánimo de lucro. A cita, baixo o lema “A túa participación é importante.

Un pequeno xesto, unha gran axuda”, principiará a partires das 19 horas no Pavillón Polideportivo Municipal e nela todos os veciños e veciñas poderán disfrutar dunha mostra das actividades realizadas durante todo o curso. Entre outubro e xuño, unhas 800 persoas de todas as idades tomaron parte na oferta municipal das Escolas Deportivas, que inclúe preto dunha vintena de propostas diferentes para nenos e adultos. Así mesmo, a Concellería de Deportes tamén avanza que o público poderá desfrutar dalgunha que outra sorpresa sobre a pista do pavillón.

Pero a actividade deportiva que impulsa o Concello de Cedeira non remata coas Escolas Deportivas de inverno, xa que o Pavillón Polideportivo programa outras accións. A máis inmediata arrancará o 1 de xullo: os cursos de natación para nenos e maiores.

26 de xuño de 2014 | 13:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.