A Feira Galaico portuguesa permanecerá no casco histórico de Ourense ata o domingo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

Coa actuación de malabaristas, contorsionistas e equilibristas, mañá ás seis da tarde dará comezo unha nova edición do mercado medieval, dentro da programación das Festas de Ourense 2014 da Concellería de Cultura. Denominada esta edición Feira Galaico portuguesa debido á presencia de multitude de ingredientes do país veciño, contará cunha ampla variedade de actividades, como actuacións musicais, mercado e zoco, desfiles, actividades medievais, obradoiros típicos da época, animación de rúa, ou circo medieval, durante todo o día.

Así mesmo, e de xeito permanente, haberá un campamento militar, con combates, exposición de armas, máquinas de asedio ou exposición de manuscritos, na rúa Pelaio. Tamén serán representados oficios de antaño, como alquimista, trileiro, zapateiro, torno pé ou chocas, na Praza da Imprenta.

Para os máis cativos, as propostas serán mesas de enxeño e xogos antigos na rúa Liberdade, estruturas musicais e labirinto na rúa Pelaio, tiovivo da Vinci na praza de Santa Eufemia e dragón volador na rúa Pelaio.

Música na praza Pelaio

Entre o xoves e o domingo, haberá música en vivo, tanto portuguesa, como árabe, galega e folk

25 de xuño de 2014 | 17:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.