publicidade hoxe

A Feira de Artesanía de Neda recaudará fondos para as familias con escasos recursos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

A primeira edición da Feira de Artesanía e Oportunidades da real vila de Neda terá un marcado carácter social. E é que a organización donará o importe do recadado nas inscripcións a favor das familias con escasos recursos do municipio. Unha cuota por participante de cinco euros que se dirixirá aos programas municipais de Servizos Sociais centrados neste colectivo.

O domingo, día 15, celebraráse a cita durante toda a xornada nun entorno privilexiado, o paseo marítimo, no treito que discorre entre o parque infantil Agatha Ruiz de la Prada e a actual ubicación do Bus de Neda. A organización xa avanzou que ata a data son máis de cen os postos confirmados. Na súa maioría, acudirán coas súas propias carpas individuais, co ánimo de evitar que a cita quede empañada se o tempo non acompaña. Aínda así, o prazo para participar está aínda aberto e, para facelo, os interesados deben contactar con Pilar Vilariño.

A Feira de Artesanía e Oportunidades, coa que o Concello colabora, ofrecerá ao público a oportunidade de adquirir todo tipo de productos, dende roupa e bisutería ata manualidades, decoración ou galletas artesanas. Así mesmo, a Feira reserva un espazo para a compravenda de artigos de segunda man, a prezos sen comparación e en perfectas condicións.

3 de xuño de 2014 | 19:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.