A Federación de Veciños do Carballiño une esforzos para evitar a perda do partido xudicial

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaO Carballiño
A-
A+

A directiva da Federación de Asociacións de Veciños do Carballiño mantivo unha reunión cos portavoces do tres grupos municipais, PP,PSdeG-PSOE e BNG, para crear unha mesa en defensa do partido xudicial carballiñés. Con esta mesa preténdese axuntar todos os esforzos para evitar esta posible supresión do partido xudicial.

Esta mesa, contando co tres partidos con representación municipal, pretende chamar tamén ao resto de colectivos culturais e profesionais do municipio, así como ao resto de concellos da comarca afectados pola medida de supresión do partido xudicial, para sumar todos os esforzos posibles neste fin.

Así mesmo acordouse que todas as accións que se tomen neste sentido serán coordinadas pola citada mesa, integrada pola Federación de Asociacións de Veciños e o tres partidos políticos carballiñeses.

A primeira medida adoptada foi a colocación dunha mesa para recollida de firmas, na Praza Maior, aproveitando a celebración da feira este luns 16 de xuño.

16 de xuño de 2014 | 12:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.