A Factoría de Innovación da Coruña mostra ás pemes galegas como planificar a saída internacional

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

O vindeiro xoves, día 26 de xuño, a partir das 18:00 horas, celebrarase, no Pazo de Mariñán (A Coruña), a xornada “Innovación e Internacionalización, alicerces básicos do crecemento”, organizada pola Factoría de Innovación da Coruña, promovida pola Escola de Organización Industrial (EOI) e a Deputación da Coruña; e cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e polo Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.

O principal obxectivo desta acción, incluída no Programa de Actividades en Aberto da Factoría de Innovación da Coruña, é fomentar a innovación como un camiño para chegar á internacionalización, analizando as solucións máis alcanzables e as directrices básicas a seguir por unha entidade para iniciar a súa apertura cara ao exterior.

A participación nesta sesión, así como en todas as actividades organizadas pola Factoría de Innovación da Coruña, é gratuíta. Os interesados deben realizar a súa inscrición a través da páxina web www.eoi.es/fdi/coruña ou enviando un correo electrónico a fdi_acoruna@eoi.es.

23 de xuño de 2014 | 18:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.