A Factoría de innovación da Coruña analiza o papel da innovación e as novas tecnoloxías no sector forestal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaOrtigueira
A-
A+

O vindeiro xoves, día 19 de xuño, a partir das 10:00 horas, celebrarase, na Fundación Ortegalia (Ortigueira), a xornada “Novas Solucións para o Sector Forestal”, organizada pola Factoría de Innovación da Coruña, promovida pola Escola de Organización Industrial (EOI) e a Deputación da Coruña; e cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e polo Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.

O principal obxectivo desta acción, incluída no Programa de Actividades en Aberto da Factoría de Innovación da Coruña, é analizar as posibilidades de crecemento e expansión que a I+D+i pode ofrecer ao sector forestal, a través da presentación de diferentes casos prácticos nos que a innovación e as novas tecnoloxías son as protagonistas.

Esta nova actividade enmárcase dentro do Congreso de “Novas Solucións para Sector Forestal”, que se celebrará en Ortigueira os días 19 e 20 xuño, coa finalidade de xerar un espazo de diálogo entre todos os axentes implicados nesta industria (produtores, compradores, investigadores e desarrolladores de tecnoloxía).

16 de xuño de 2014 | 17:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.