A Eurocidade Chaves-Verín AECT presenta os seus proxectos no ‘I Foro Hispano-Luso de Cooperación Transfronteiriza’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia exteriorVerín
A-
A+

Mañá xoves 26 de xuño, a Eurocidade Chaves-Verín AECT estará presente no ‘I Foro Hispano-Luso de Cooperación Transfronteiriza’, onde se presentarán os resultados dos seis proxectos de cooperación transfronteiriza realizados polos municipios de Chaves e Verín no período 2007-2014.

A presentación será a cargo do secretario executivo da AECT e centrarase en impactos que a xestión de proxectos POCTEP/INTERREG supuxeron para o territorio. Nesta cita tamén estarán presentes outros membros da Rede Ibérica de Entidades transfronteirizas (RIET), entre eles AECT- ZASNET (Asociacións de Municipios de Terra Fria do Nordeste Transmontano, da Terra Quente transmontana y do Douro Superior -membros portugueses- e as Deputacións de Salamanca y Zamora e o Concello de Zamora), Eurocidade do Guadiana, Bilsal ou a Deputación de Huelva.

Este Foro está organizado no marco do proxecto UADITURS “Turismo Sostible no Baixo Guadiana”, aprobado no marco do Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP), destinado a revalorizar o patrimonio cultural da Ribeira do Baixo Guadiana relacionado coa súa tradición cultural, social, histórica e industrial, a través da creación Puntos de Información Turística e da definición rutas temáticas que configuren un produto turístico de calidade: restauración e gastronomía, aloxamentos, organización, sinalización. O obxectivo do ‘I Foro Hispano-Luso de Cooperación Transfronteiriza’ é dinamizar as relacións de cooperación entre as rexións de Andalucía, Algarve e Baixo Alentejo. Este pretende poñer en común a experiencia acumulada e afianzar as relacións entre entidades transfronteirizas de España e Portugal que comparten problemáticas similares dada a súa situación xeográfica, así como facilitar a formación de futuros paternariados conxuntos no marco da nova xeración de proxectos POCTEP. Entre os relatorios que se presentarán atópanse “Axencia Común de Desenvolvemento Transfronteirizo”, “Cooperación Territorial no período 2014-2020”, “Modelos de gobernanza no espazo transfronteirizo hispano-luso”, “O turismo transfronterizo pasado e futuro” ou “Sinerxias no ámbito da innovación e a transferencia tecnoloxica hispano-lusa”.

25 de xuño de 2014 | 13:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.