A Eurocidade Chaves-Verín AECT estará presente na “Conferência Internacional – Cidades de Futuro e Turismo”
O secretario executivo da Eurocidade Chaves-Verín AECT acaba de participar como relator na “Conferência Internacional – Cidades de Futuro e Turismo”, organizada polo Instituto Superior de Administração e Gestão (ISAG) en Porto.
Devandito relatorio, enmarcado dentro do panel ‘O potencial do Turismo nas Eurocidades’, reuniu na mesa de traballo a todas as Eurocidade da fronteira luso-española, como Eurocidade Tui-Valença, Eurocidade do Guadiana (S. Antonio, Castro Marín e Ayamonte) e a Eurocidade Chaves-Verín AECT; e foi moderado pola Dra. Maria Geraldes, nova directora da Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal (GNP-AECT).
Durante o panel o secretario executivo presentou as actuacións realizadas, así como algunhas das liñas do plan director de turismo que se está a realizar por parte dos técnicos muncipais e que marcarán as directrices estratéxicas destinadas a sentar as bases para transformar o destino Chaves-Verín no primeiro destino intelixente transfronterizo da UE (no marco 2014-2020). Entre elas encóntranse: implementación de ferramentas tecnolóxicas intelixentes que favorezan a interacción e integración do visitante co destino, desenvolvemento de iniciativas que aseguren a mobilidade e a accesibilidade dos visitantes, promoción dunha plataforma de comercialización capaz de integrar a todos os axentes do sector turístico, que incida especialmente nas PEMES incrementando a capacidade produtiva da empresa, ademais do desenvolvemento de espazos verdes sostibles en torno ao río Támega.
Durante a “Conferência Internacional – Cidades de Futuro e Turismo” tamén se analizaron cuestións como tendencias de desenvolvemento das cidades turísticas, perspectivas para os axentes e operadores turísticos no cadro de desenvolvemento 2020 ou cidades, turismo e sostenibilidade no Horizonte 2020, entre outras.











