A Eurocidade Chaves-Verín AECT celebra a redución as tarifas de roaming ata nun 50% a partir de xullo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVerín
A-
A+

O Gabinete da vicepresidenta da Comisión Europea e responsable da carteira da Axenda Dixital Europea, Nellie Kroes, confirmou á Agrupación Europea de Cooperación Territorial Chaves-Verín -a través do Eixo Atlántico- que, a partir do 01 de xullo, entrará en vigor a nova normativa europea de roaming, que establece novos prezos máximos e que inclúe rebaixas de ata un 55% para todos os que usen Internet nos seus dispositivos móbiles nalgún país da UE.

Esta medida, que se enmarca na estratexia da Comisión Europea para a eliminación definitiva deste a finais de 2015, é un primeiro paso para eliminar unha tarifa que sempre supuxo un obstáculo importante no desenvolvemento económico e á mobilidade nos territorios de fronteira. Por este motivo, a Comisión Europea fixou o custo máximo por megabyte nos 20 céntimos (sen IVE), fronte aos 45 céntimos actuais.

Os novos prezos máximos tamén supoñerán unha redución do 21% no prezo das chamadas de móbil no estranxeiro, ata os 19 céntimos por minuto, mentres que recibir chamadas custará 5 céntimos por minuto, o que significa unha redución do 28,5%. Ademais, enviar unha mensaxe de texto será un 25% máis barato, é dicir, custará 6 céntimos.

Para o director da Agrupación Europea de Cooperación Territorial Eurocidade Chaves-Verín (AECT-ECV) e alcalde de Verín, Juan Manuel Jimenez, esta medida “axudará ao desenvolvemento económico, a competitividade das empresas e á mobilidade, sobre todo nos territorios de fronteira en xeral e ao territorio Chaves-Verín en particular; xa que segundo o último Eurobarómetro, o 70% dos europeos limita o uso do móbil cando sae do seu país e ata o 94% desactiva o seu servizo de datos no móbil polos altos sobrecostes”.

O pasado día 03 de abril o Parlamento Europeo aprobou o paquete de medidas proposto pola Comisión Europea, para a desaparición do roaming en todos os países da Unión Europea en decembro de 2015. Para converterse en realidade só deberá pasar como último tramite a ratificación definitiva do Consello de Europa formado por vos presidentes de Goberno dos países da Unión Europea.

26 de xuño de 2014 | 18:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.