A edil de Educación recibiu aos mellores expedientes dos institutos carballiñeses

A edil de Educación cos mellores alumnos do Carballiño
A edil de Educación Pilar Caride, recibiu este venres no salón de plenos da consistorial aos mellores expedientes académicos dos institutos da vila, que este ano procedían todos eles do IES Número Un. Marcos González Martínez, Carlos Manuel Curral, Lorena Dacoba e Marc Barreiro Pereira (este último non puido asistir ao acto pero recolleu o premio o seu primo Miguel), son as 4 matrículas de honra en bacharelato que este ano saíron dos centros educativos do Carballiño, e aos que a edil deu as grazas por manter esta boa liña de estudantes na vila e, sobre todo, deséxolles sorte para o camiño universitario que emprenden.
Os alumnos estiveron acompañados polo director do Número Un, Manuel Amil, quen lles felicitou novamente polos seus resultados académicos, e animoulles a seguir nesa liña nas opcións educativas que cada un deles escolla.











